Tuesday 14 de May de 2024

Aberto o prazo, ata o 28 de febreiro, para a solicitude de axudas para reparación de fachadas e substitución de cartelería na zona PEPRI


O Goberno local destina 80.000 euros e fixa como ámbito prioritario as zonas de La Marina, avida de Montoto, rúa Real, Rego de Auga e rúas Agar, Luchana e Fama

O Concello da Coruña informa de que, ata o próximo 28 de febreiro, está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a reparación de fachadas, retirada de cableado exterior e substitución de cartelería das zonas do ámbito PEPRI. Con esta medida, o Goberno local, reafírmase na súa aposta pola rehabilitación e pola conservación do patrimonio histórico da cidade.
En concreto, a nova liña de subvencións fixa como ámbito prioritario o perímetro que comprende dende a avenida de La Marina e a rúa Real -dende a Subdelegación do Goberno- ata a rúa Riego de Auga e a avenida de Montoto -ata Porta Real-. O Concello reserva para estas axudas un total de 80.000 euros.
As obras que se poderán subvencionar son para a pintura e reparación de fachadas exteriores do inmoble (incluído a retirada de cableado) e para a substitución de cartelería exterior de acordo ao modelo aprobado polo Concello. Para pintar e reparar fachadas, poderase subvencionar ata o 80% do custo das obras nos edificios protexidos (cun límite de 24 euros por metro cadrado de fachada e de 50 euros por metro cadrado de galería) e do 60% para o resto de inmobles (as axudas poidan chegar do 85% ao 100% para as rendas inferiores ao IPREM). Para substituír a cartelería, subvencionarase ata o 70% do gasto, cun máximo de 2.000 euros por cartel.
Os interesados en optar a esta liña de axudas poden presentar a documentación requirida en calquera dos rexistros municipais habilitados. En caso de dúbida, poden dirixirse á Oficina Municipal de Conservación e Rehabilitación Urbana situada no baixo do centro comercial Los Cantones Village ou no teléfono 981 189 872. A información, así como os modelos de solicitude e cartelería, está dispoñible, ademais, na sección dedicada a Vivenda da web municipal.